(Galicia) Convocatoria Comisiones de Servicio por motivos de salud 2012/2013

Sábado 14 de abril de 2012
por  Cuadernalia
 Visitas  212










(Galicia) Convocatoria Comisiones de Servicio por motivos de salud 2012/2013

Primeiro prazo para a solicitude de comisións de servizos de saúde do 15/04/2012 ao 30/04/2012

Poderán solicitar comisións de servizo de saúde neste primeiro prazo todos os docentes de centros públicos agás os funcionarios de carreira e prácticas que estén participando nos concursos de traslados.

Os funcionarios de carreira procedentes doutras comunidades autónomas deberán participar neste prazo.

Todos os funcionarios do corpo de mestres poderán solicitar prazas pola especialidade de primaria. Os interinos e substitutos polas especialidades que teñan nas listas.

Instrucións sobre a solicitude de comisión de servizos por motivos de saúde

Para solicitar unha comisión de servizos por motivos de saúde deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.es/cadp e deberá facer a súa solicitude a través desta aplicación informática.

O persoal docente que depende da Consellería de Educación deberá acceder utilizando a súa conta de correo no dominio @edu.xunta.es, empregando para acceder o seu usuario e o seu contrasinal.

No caso de non pertencer ao persoal da Consellería de Educación (docentes procedentes doutra comunidade autónoma) deberá solicitar unha conta de correo temporal no dominio @edu.xunta.es . Para iso deberá chamar aos seguintes teléfonos, ou utilizar os seguintes enderezos:

1) No caso de ser docente do Corpo de ensinanza secundaria, profesor técnico de formación profesional, profesor de música e artes escénicas, profesor de escolas oficiais de idiomas e profesor ou mestre de artes plásticas e deseño poderá chamar ao 981545255, 981545407 ou utilizar o enderezo persoal.secundaria@edu.xunta.es.

2) No caso de ser docente do Corpo de mestres poderá chamar ao 981544482, 981544488 ou utilizar o enderezo persoal.primaria@edu.xunta.es.

Unha vez realizado o sinalado anteriormente poderá solicitar a comisión de servizos no enderezo www.edu.xunta.es/cadp.

Para facer a súa solicitude de comisión de servizos debe elixir a opción do menú “solicitar comisión de servizos” e aparecerá unha pantalla co tipo de comisións de servizos que se poden solicitar. Para poder solicitar a comisión hai que premer na opción “Solicitar” da comisión correspondente.

O profesorado solicitante debe cubrir os seus datos de participación, peticións e a documentación que alega. No caso de persoal docente da Consellería de Educación que xa participase o ano pasado no concurso provisional recuperaráselle a instancia do ano pasado, podendo ser modificada polo solicitante, no caso de que o desexe.. Ao persoal docente procedente doutra comunidade autónoma, que na actualidade estea desfrutando dunha comisión de servizos nesta comunidade autónoma, non se lle recuperará a instancia.

SOLICITUDE DE PRAZAS BILINGUES: As persoas interesadas en solicitar prazas bilingües, deberán estar habilitadas previamente a formular a solicitude de comisión de servizos. Para habilitarse deben achegar unha solicitude e a documentación establecida na Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas (DOG do 26 de abril de 2011) ao número de fax que de seguido se indica:

Profesorado de educación infantil e primaria: 881999241

Profesorado de educación secundaria, formación profesional e de réxime especial: 981545484.

Unha vez cubertos todos os datos, hai que acceder á pestana “Validación final” e premer no botón “Validar instancia”. A continuación, para obter o documento coa solicitude que deben presentar por rexistro, deberá premer o botón “Obter comprobante da instancia” e xerarase un documento PDF coa solicitude cuberta que o/a solicitante deberá imprimir e presentar por rexistro xunto coa documentación que alega para optar á comisión solicitada. A instancia irá dirixida á Xefatura Territorial na que se estea prestando realmente servizos e, no caso do profesorado que solicita desde fóra da comunidade autónoma, a instancia dirixirase á Xefatura Territorial na que pretenden prestar servizos.

Mentres o prazo estea aberto, os participantes poderán modificar a súa instancia no mesmo enderezo entrando na opción do menú “As miñas solicitudes” ou ben na opción “Solicitar comisións de servizo” nas comisións solicitadas premendo en “Modificar”.

AVISO IMPORTANTE: : A única instancia válida será a presentada por rexistro, polo tanto se o solicitante fai cambios SEMPRE debe gardar os cambios e validalos na pestana “Validación final”, obter de novo o comprobante e presentalo no rexistro.







Comentar el Artículo


moderado a priori

Este foro está moderado a priori: tu contribución no aparecerá hasta haber sido validada por la administración del sitio.

¿Un mensaje, un comentario?
  • (Para crear párrafos, deja líneas vacías.)

¿Quién eres? (opcional)


Siguenos