(Galicia) Adjudicación DEFINITIVA de destinos Secundaria, FP y ERE curso 2013/2014


Lunes 16 de septiembre de 2013
popularidad : 1%  Visitas  575



(Galicia) Adjudicación DEFINITIVA de destinos Secundaria, FP y ERE curso 2013/2014


RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a adxudicación definitiva de destino provisional para o curso académico 2013/14 entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.

En aplicación do disposto na base trixésimo cuarta da Orde do 6 de xuño de 2013 (DOG do 17 de xuño) pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o curso académico 2013/14 entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública, no anexo a esta resolución, a adxudicación definitiva dos destinos provisionais obtidos para o curso 2013/14 ao profesorado referido anteriormente.

Segundo A toma de posesión non poderá supoñer interrupción na prestación de servizos para os profesores interinos con nomeamento en vigor sempre que sexan nomeados interinos dende o inicio do curso 2013/14.

Non obstante o anterior, no caso das comisións de servizo os efectos serán do día 16 de setembro de 2013, sen prexuízo do cal as comisións de servizo do profesorado que proceda de fóra da comunidade autónoma e os procedentes do estranxeiro teñan efectividade do 1 de setembro de 2013.

Para o persoal interino sen nomeamento en vigor, os efectos administrativos e económicos serán do día 16 de setembro de 2013.

Terceiro. Os nomeamentos serán remitidos aos interesados ao centro de destino obtido neste proceso.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Quinto. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2013





Comentar el Artículo

  Facebook     Twitter     Google+     Sindicación RSS