(Galicia) Concurso de Traslados Maestros, Secundaria, FP y ERE 2012/2013. Vacantes Definitivas


Jueves 18 de abril de 2013
por  Cuadernalia
popularidad : 1%  Visitas  187



(Galicia) Vacantes Definitivas. Concurso de Traslados Maestros, Secundaria, FP y ERE 2012/2013.

Resolución do 10 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as vacantes definitivas que serán obxecto de provisión no concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestres, do corpo de inspectores de educación e de inspectores ao servizo da Administración educativa, e dos corpos que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e de idiomas convocado pola Orde do 24 de outubro de 2012.

De conformidade co establecido na base segunda da Orde do 24 de outubro de 2012, pola que se convoca concurso de traslados entre o persoal funcionario docente pertencente a diversos corpos e inspectores ao servizo da Administración educativa, esta consellería.

DISPÓN

Primeiro.- Publicar nos anexos I, II, III, IV, V, VI e VII desta resolución as vacantes definitivas para o curso 2013-2014 nos colexios de educación infantil, primaria, educación infantil e primaria, educación especial, centros públicos integrados, institutos de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, conservatorios de música, escolas de artes plásticas e deseño e nas sedes da Inspección Educativa.

Segundo.- Todas as vacantes definitivas que figuran nos anexos desta Resolución podrán ser obxecto do concurso de traslados.

Terceiro.- Contra este resolución, que esgota a vía administrativa, o persoal interesado poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente no xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2013

Documentos Adjuntos:

  • Resolución do 10 de abril de 2013
  • Vacantes definitivas para o corpo de mestres
  • Vacantes definitivas para os corpos que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e de idiomas
  • Vacantes definitivas para o corpo de inspectores de educación e de inspectores ao servizo da Administración educativa




Archivos adjuntos/Descargar documentos:

Resolución.pdf
Resolución.pdf
Vacantes definitivas para o corpo de mestres.pdf
Vacantes definitivas para o corpo de mestres.pdf
Vacantes definitivas para os corpos que (...)
Vacantes definitivas para os corpos que (...)
Vacantes definitivas para o corpo de inspectores
Vacantes definitivas para o corpo de inspectores

Comentar el Artículo

  Facebook     Twitter     Google+     Sindicación RSS