(Galicia) Convocatoria del concurso general de traslados de los cuerpos de enseñanza secundaria, formación profesional y enseñanzas artísticas e idiomas.


Jueves 11 de diciembre de 2008
por  Cuadernalia
popularidad : 1%  Visitas  474



LIGAZÓN para participar no concurso xeral de traslados ( estará dispoñible ata a finalización do prazo de participación) - Servizo de Secundaria

O servizo web estará dispoñible ata a finalización do prazo de solicitudes. Deste xeito poderase acceder mediante a conta de correo no dominio edu.xunta.es (usuario e contrasinal) ós datos do prebaremo e poderase realizar a solicitude de destinos. No caso de ter participado con anterioridade aparecen xa gravados os centros ou localidades solicitados no pasado concurso. No caso de solicitar os mesmos destinos e no caso de estar de acordo co prebaremo proposto bastará con imprimir a solicitude e entregala no centro educativo onde se estea destinado ou por calquera outro medio dos previstos na convocatoria.

No caso de non estar de acordo coa puntuación do prebaremo nalgún apartado entregarase, xunto coa solicitude, toda a documentación xustificativa do apartado ou apartados que correspondan para a súa rebaremación completa.

Pode accederse ó servizo web de participación no concurso a través da seguinte LIGAZÓN

Máis información

No caso de solicitar prazas bilingües, sempre que se reúna os requisitos esixidos na convocatoria, e prazas non bilingües nun mesmo centro, deberá repetirse o código do centro indicando na praza bilingüe o código correspondente de bilingüismo: Francés (1), Inglés (2) e Alemán (3). Na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicaranse os centros nos que están funcionando as seccións bilingües (aparecerá, nese caso o centro repetido coa indicación da praza á que corresponde á situación concreta da vacante).





Comentar el Artículo

  Facebook     Twitter     Google+     Sindicación RSS