(Galicia) Oposiciones Enseñanza 2013. Admitidos y Excluidos Provisionales


Jueves 16 de mayo de 2013
por  Cuadernalia
popularidad : 1%  Visitas  92



(Galicia) Oposiciones Enseñanza 2013. Admitidos y Excluidos Provisionales


Listas provisorias de admitidos e excluídos dos procedementos selectivos de ingreso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres

Para dar cumprimento na forma máis adecuada ao disposto na base cuarta da Orde do 23 de marzo de 2013 (DOG do 4 de abril), pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da comunidade autónoma de Galicia, esta Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos resolve:

Primeiro.- Facer pública no anexo I a relación de aspirantes admitidos que solicitaron tomar parte no mencionado procedemento selectivo.

Segundo.- Declarar excluídos, polas causas que se especifican, aos aspirantes que figuran no anexo II.

Terceiro.- No prazo de 10 días naturais desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta Resolución, os interesados poderán interpoñe-las reclamacións previstas no artigo 71 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de acordo co disposto na base cuarta, punto 2, da Orde de convocatoria.

As reclamacións presentaranse en calquera das dependencias a que alude o artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. En caso de que opte por presentar a reclamación ante unha oficina de correos, farase en sobre aberto, para que sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

Sen prexuizo do anterior as reclamacións poderanse presentar a través de fax 881999241, no caso dos mestres e ao 981545484 no caso de inspectores de educación ou a través do correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.es, ou persoal.secundaria@edu.xunta.es segundo proceda.

Cuarto.- O feito de figurar na relación de solicitantes non prexulga que se dean por válidas as condicións persoais do interesado que o lexitimen para participar no procedemento selectivo, cando da documentación que no seu momento teña que achegar non se deduza de maneira inequívoca o seu dereito a participar no mesmo, conforme ás esixencias da convocatoria.

Quinto.- No caso dos mestres, o feito de que figure a localidade solicitada non implica que sexa a localidade do exame. Esta determinarase na resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos polas que se fagan públicas a resolucións dos tribunais, polas que se anuncian as datas, horas e lugares nos que se fará o acto de presentación e se celebrará a primeira proba prevista na base décimo primeira da convocatoria.

Listaxe provisoria de admitidos (mestres)

Listaxe provisoria de admitidos (inspección)

Listaxe provisoria de excluídos (mestres)

Listaxe provisoria de excluídos (inspección)





Comentar el Artículo

  Facebook     Twitter     Google+     Sindicación RSS