Galicia Oposiciones Enseñanza 2014. Convocatoria


Jueves 27 de marzo de 2014
por  Cuadernalia
popularidad : 1%  Visitas  493



(Galicia) Oposiciones Enseñanza 2014. Convocatoria.


ORDE do 17 de marzo de 2014 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia.

A disposición adicional 12, punto 1, da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e o Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei, establecen que o sistema de ingreso na función pública docente será o de concurso-oposición convocado polas respectivas administracións educativas.

O título III do citado Real decreto 276/2007 regula o sistema de ingreso, o título IV, os accesos entre os corpos de funcionarios docentes, e o título V, o procedemento de adquisición de novas especialidades.

Aprobada polo Decreto 20/2014, do 13 de febreiro (DOG do 26 de febreiro), a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, esta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acorda anunciar as seguintes convocatorias e correspondentes bases:

– Convocatoria do procedemento selectivo para ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario.

– Convocatoria do procedemento para a adquisición de novas especialidades no corpo de profesores de ensino secundario.





Comentar el Artículo

  Facebook     Twitter     Google+     Sindicación RSS